O proxecto Celme para Lingua está concibido desde un enfoque vehicular con grande énfase no traballo da comprensión e a expresión oral e escrita. É un proxecto pensado desde a aula e para a aula. Presenta os contidos lingüísticos a través de: – Textos moi suxestivos tanto da literatura universal como da literatura galega. – Situacións comunicativas que favorecen a reflexión. – Actividades paso a paso para iniciarse nos procedementos da análise lingüística. – Xogos interactivos para reforzar a aprendizaxe. Ofrece un programa específico de Competencia lectora con: – Dinámicas para adestrar estratexias de lectura eficaz. – Tarefas estruturadas para desenvolver os niveis de comprensión a partir de tipoloxías textuais. – Probas de avaliación para detectar o grao de adquisición das destrezas lectoras. – Propostas lúdicas de animación á lectura con diferentes apoios. Potencia a escritura correcta das palabras en cada curso co programa de Ortografía mediante: – Actividades de atención e memoria visual a través de materiais audiovisuales e manipulativos enfocados a diferentes estilos de aprendizaxe. – Batería de ditados con dinámicas individuais e por parellas. – Ficheiros individualizados para que cada alumno poida rexistrar a súa autoaprendizaxe. Estimula a creatividade e o desenvolvemento de expresión en galego, mediante: – Actividades contextualizadas na realidade cultural da nosa Comunidade. – Atención especial á interacción comunicativa por medio do material manipulativo e os recursos interactivos. E en 6.º… O libro do alumno inclúe: – Ortografía práctica. Regras ortográficas de peto Libro de apoio dos alumnos para resolver as dúbidas sobre regras ortográficas e poder continuar practicando con máis actividades.